Un semitón ou medio ton é a distancia que hai entre unha tecla e outra nun piano.
Un ton é o conxunto de dous semitóns, e por tanto é a distancia de dúas teclas no piano.
Unha alteración modifica a altura dunha nota. A díese ou "sostido" (♯) aumenta un semitón, e o bemol (♭) diminúe un semitón. O becuadro (♮) cancela a alteración anterior.
A díese dupla (𝄪) aumenta un ton e o bemol duplo (𝄫) diminúe un ton.
Asegúrate de escribir as alteracións á esquerda da nota, directamente na liña ou espazo que ocupe a nota.
As notas teñen equivalencia enharmónica cando se escriben diferente pero soan igual.