Page cover

🔸Introdución á sección 2

Punctum contra punctum... nota contra nota.

Esta sección sobre contrapunto refírese á combinación de notas en xeral. Aínda que a palabra "contrapunto" adoita empregarse para a concepción horizontal ou melódica que complementa o aspecto vertical da harmonía, o certo é que non é tan fácil separalos de forma clara na práctica. Nesta sección, non pretendemos establecer distincións ríxidas, simpemente enfatizamos os aspectos lineais.

Alén disto, a sección céntrase en exercicios prácticos do contrapunto de especies e na composición baseada en modelos dos séculos XVI e XVIII, incluíndo unha versión dixital de todos os exercicios da primeira parte do tratado de Fux.

Requisitos previos

Esta segunda parte do libro asume que xa dominas os aspectos tratados na sección de 1. Fundamentos, máis nada.

Organización

Esta sección trata os repertorios e técnicas principais que se usaron historicamente para ensinar o contrapunto

  • Comezamos co enfoque que probablemente sexa máis coñecido, o contrapunto de especies (ao estilo de Fux.

  • É habitual combinar isto coas técnicas imitativas do estilo polifónico do século XVI, de modo que continuamos explorando esa ruta.

  • A polifonía do século XVI pode verse como precusora doutro estilo imitativo: a fuga. Aquí centramonos sobre todo na sección inicial das fugas do século XVIII.

  • Por último, e ainda no século XVIII, separámonos da imitación rigorosa para dar unha vista a outros enfoques que son relevantes para o pensamento contrapuntístico, en concreto os esquemas galantes: modelos preexistentes de combinación de voces que se poden elaborar para formar "música real" (composta ou improvisada).

Capítulos da sección sobre contrapunto e esquemas galantes

(índice en construción)

(En construción) Consulta aquí a versión orixinalhttps://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/part/counterpoint/

Last updated