🔸Introdución ao contrapunto de especies
Kris Shaffer e Mark Gotham
PUNTOS PRINCIPAIS
O contrapunto de especies é un método que para aprender paso a paso a escribir melodías e combinalas.
Aínda que as "regras" correspondentes están relacionadas indirectamente coa música do século XVI, a idea é simplemente a de adestrar habilidades básicas, con independencia dun estilo ou repertorio concretos.
Este capítulo retoma algúns conceptos que xa tratamos na sección de Fundamentos, e introduce algunhas pautas básicas que serán relevantes nos seguintes capítulos, como por exemplo:
Consonancia e disonancia
Consonancias perfectas: unísono, quintas e oitavas xustas.
Consonancias imperfectas: terceiras e sextas maiores e menores.
Disonancias: segundas, sétimas e intervalos diminuídos e aumentados.
Tipos de movemento entre dúas voces
Contrario: As dúas partes móvense na dirección oposta.
Directo: As dúas partes móvense na mesma dirección (ascendente ou descendente).
Paralelo: As dúas partes móvense na mesma dirección (ascendente ou descendente) e coa mesma distancia, de xeito que os intervalos do comezo e do final son do mesmo tipo (por exemplo, terceiras paralelas).
Oblicuo: Unha parte móvese e a outra mantense na mesma nota.
(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/species-counterpoint/
Last updated