A tonicalización é o proceso que fai que un acorde con función diferente da tónica soe como tónica provisoria. Isto faise como acordes cromáticos que chamamos "dominantes secundarias", V⁽⁷⁾ ou viiº⁽⁷⁾.
As dominantes secundarias indícanse cunha barra lateral. O símbolo que se pon antes da barra é a función que desempeña o acorde na tonalidade secundaria, e o símbolo que se pon despois da barra corresponde ao acorde que se tonicaliza. Lese coa palabra "do" no medio. É dicir, V/ii lese "quinto do segundo".
As dominantes secundarias case sempre teñen alteracións, sobre todo ascendentes.
Outro xeito de pensar nas dominantes secundarias é imaxinalas como as versións alteradas dun acorde diatónica co cal comparten fundamental (por exemplo, o ii convértese en II♯, que é o V/V).