Este capítulo fornece unha estratexia para a análise harmónica que consiste en empregar a liña do baixo para poder intuír con bastante fundamento a progresión harmónica que hai na frase.
Identifica auditivamente os finais da frase.
Analiza a harmonía da cadencia final da frase.
Identifica a pre-dominante que leva á cadencia.
volve ao inicio da frase e analiza todo o que precede a cadencia.