As expansións fan que unha frase dure máis do esperable. Poden ser internas (entre o comezo e o final dunha frase) ou externas (antes do comezo ou após o final)
Algunhas técnicas de expansión interna son a repetición, alongamento, a técnica do "outra vez" e o camiño alternativo.
As expansións externas teñen dúas categorías:
Os prefixos acontecen antes do inicio, como unha introdución
Os sufixos acontecen despois da cadencia, como as extensións poscadenciais, as codettas e as codas.
As contraccións fan que a frase sexa máis curta do esperable.