O movemento plagal vai do Iv ao I e serve para prolongar a tónica, ben despois dunah cadencia auténtica ou ao inicio dunha frase.
Podemos marcalo como "(IV)" entre parénteses na análise, para diferencialo do uso máis habitual do IV como pre-dominante.
Na música dos séculos XVIII e XIX, o uso do (IV) plagal dáse frecuentemente como parte dunha prolongación máis que como unha cadencia, por iso neste capítulo empregamos a expresión "movemento plagal" e non "cadencia plagal".
Escribir un movemento plagal non é difícil cando ambas as harmonías están en estado fundamental, mais é necesario ter coidado co movemento paralelo cando algún dos acordes está invertido.