🔸Modos diatónicos
Mark Gotham e Megan Lavengood
A principios do século XX, moitas compositoras e compositores repensaron os materiais de que consta a música. Esta é unha das razóns polas cales a música tonal maior ou menor, que dominou a música occidental durante os anteriores 200 anos, se denomina “práctica común”. Algo mudou arredor de 1900. En conexión con isto, é frecuente escoitar a expresión “emancipación da disonancia”, debido ao xurdimento da atonalidade a partir do uso de técnicas cromáticas cada máis radicais. A historia da música é moito máis complexa que este resumo simple, mais hai algo de verdade: moitas compositoras e compositores tiñan interese en reinventaren a o que compuñan e como o compuñan, ao igual que na arte abstracta, que naceu polo mesmo tempo.
A utilización dos modos ten cabida en todo isto, pois representan moitas das maneiras en que se pode ampliar a paleta compositiva. Neste capítulo, describiremos algunhas das opcións máis interesantes, famosas e significativas, comezando, como fixeron moitos compositores, por observar o que se fixo anteriormente.
Modos eclesiásticos
A predominancia das tonalidades maiores e menores na música clásica occidental xurdiu dunha práctica anterior que estaba centrada na utilización dos modos. Esta colección de modos denomínase modos eclesiásticos ou gregorianos. Estes modos corresponden a rotacións da escala de Dó maior, utilizando a mesma colección de alturas mais cunha tónica diferente (que neste contexto podemos chamar con máis propiedade finalis ou nota final).
Isto xa nos presenta un principio fundamental do que é un modo: unha colección diatónica de alturas que ten nota final. Estes son os dous primeiros elementos da lista que verás a seguir, que tamén invlúe outros conceptos útiles para entenderes os modos eclesiásticos:
A colección diatónica e as relacións interválicas entre esas alturas
A nota final, que funciona como punto de referencia
Máis niveis xerárquicos entre a altura do modo e a nota final
Configuracións de melodía e ámbito
Os puntos 1, 2 e 3 xa son coñecidos pola música tonal, mais pode que o 4 non sexa. O ámbito é unha característica definitoria dos modos eclesiásticos, xa que cada modo ten unha versión auténtica e outra plagal.
O Exemplo 1 recolle os modos coa súa nota final, a nota de recitación ou tenor, e o seu ámbito. Os modos auténticos están á esquerda, e os plagal (os que comezan por “hipo-“) están á dereita. A nota de recitación (en latín repercussio ou tenor) adoitan estar a distancia de quinta da final nos modos auténticos e de terceira dos plagais (salvo cando evitan o trítono, marcado cunha exclamación). O Exemplo 2 fornece a mesma lista, mais con notación.
Dórico
Re
La
Re-Re
Hipodorio
Re
Fa
Sol-La
Frixio
Mi
Dó (!)
Mi-Mi
Hipofrixio
Mi
La (!)
Si-Si
Lidio
Fa
Dó
Fa-Fa
Hipolidio
Fa
La
Dó-Dó
Mixolidio
Sol
Re
Sol-Sol
Hipomixolidio
Sol
Dó (!)
Re-Re
+
Eolio ou Eólico
La
Mi
La-La
Hipoeolio ou Hipoeólico
La
Dó
Mi-Mi
Xonio ou Xónico
Dó
Sol
Dó-Dó
Hipoxonio ou Hipoxónico
Dó
Mi
Sol-Sol
Exemplo 1. The historical church modes summarized.
Modos diatónicos nos séculos XX e XXI
Podes encontrar outro resumo do uso dos modos diatónicos (e tarefas asociadas) no capítulo Introdución aos modos diatónicos e á "escala" cromática.
Cando se volveron utilizar os modos como concepto compositivo no século XX, moitos conceptos dos modos eclesiásticos foron mantidos, mais outros foron eliminados. A diferenciación dos modos auténticos e plagais (modos “hypo-“) decaeu, e o ámbito de moitas obras excedía a oitava. Alén disto, os modos posteriores de Glareanus, eolio e xonio, foron tan importantes como os modos eclesiásticos auténticos e orixinais.
Notas características
Como ouvinte, podes percibir que os modos soan de forma semellante ás tonalidades maiores e menores, mais con algunhas notas you may experience modes as sounding similar to major or minor, but with certain flexionadas, as notas de cor ou notas características[1]. Os modos soarán máis ben maiores ou menores en función da natureza da terceira que haxa por riba da tónica (nun contexto modal, outros autores prefiren denominala “centro tonal”). Os modos de sonoridade maior son o mixolidio e o lidio. Os modos de sonoridade menor son o eolio ou eólico, o dórico, e o frixio.
O Exemplo 3 recolle unha lista de cada modo, a natureza da terceira que está por riba da tónica, a nota característica que a diferencia da escala maior/menor natural e as notas das escalas parelela e relativa a Dó maior.
Xonio ou Xónico
Maior
-
Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si-Dó
Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si
Dórico
Menor
Dó-Re-Mi♭-Fa-Sol-La-Si♭-Dó
Re-Mi-Fa-Sol-La-Si-Dó-Re
Frixio
Menor
Dó-Re♭-Mi♭-Fa-Sol-La♭-Si♭-Dó
Mi-Fa-Sol-La-Si-Dó-Re-Mi
Lidio
Maior
Dó-Re-Mi-Fa♯-Sol-La-Si-Dó
Fa-Sol-La-Si-Dó-Re-Mi-Fa
Mixolidio
Maior
Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si♭-Dó
Sol-La-Si-Dó-Re-Mi-Fa-Sol
Eolio ou Eólico (menor natural)
Menor
(non se altera a sensible)
Dó-Re-Mi♭-Fa-Sol-La♭-Si♭-Dó
La-Si-Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La
Exemplo 3. Important characteristics of each mode.
O Exemplo 4 proporciona un resumo breve desta información mediante a notación. Os modosestán agrupados en función de se a tónica é maior ou menor, e iso axuda na identificación auditiva de pasaxes modais (como se describirá máis adiante). A fila superior mostra os modos en que o está a distancia de terceira maior da tónica: xonio (maior), mixolidio e lidio. A fila inferior mostra os modos en que o
está a distancia de terceira menor da tónica: eolio (menor natural), dórico e frixio. As ligaduras de puntos conectan a nota característica que é distintiva de cada modo, comparado co seu equivalente maior ou menor.
Escoita de tónicas modais
Como moitas persoas están acostumadas a escoitar toda a música como maior ou menor, as compositoras e compositores do século XX e XXI que queren crear un son modal moitas veces dedican máis esforzo a enfatizaren a altura que funciona como tónica do modo que escolleron. Repara: isto non ten por que significar que se enfatice un acorde de tónica. A seguir encontrarás diversas maneiras que se empregan nas composicións para crear un sentido de centro tonal na música modal.
repetición da altura que fai de tónica
acentos agóxicos (utilización de valores máis longos) na tónica, including using a drone of the tonic pitch
acentos métricos na tónica
utilización da tónica como nota máis grave
cadencias na tónica
Identificación de modos
Se non estás afeito a interpretar e escoitar modos, identificar e diferenciar modos pode intimidar. Eis un proceso paso a paso para diferenciares todos os modos de que xa falamos, ilustrado como fluxograma no Exemplo 5.
1. Identifica a natureza da tónica.
Tenta identificar auditivamente o centro tonal ou tónica. Despois, identifica o acorde enteiro da tónica. A terceira dese acorde é maior ou menor? Isto diferencia os modos de sonoridade maior (xonio, mixolidio e lidio) dos de sonoridade menor (eolio, dórico, frixio).
2. Identifica o
.
Repara en se o é unha sensible, medio ton por baixo da tónica tal e como a ouvimos tipicamente nas obras tonais maiores ou menores. Se o
está a distancia de ton (subtónica), entón está rebaixado, o que significa que a peza está (polo menos temporalmente) nun modo.
Se ten unha tónica maior e o está rebaixado, entón o modo é mixolidio.
Se escoitaches unha tónica menor e o está elevado (sensible), then you are in modo menor.
Se aínda así non recoñeces o modo, continúa co paso tres.
3. Identifica outras notas características: (
) no maior, (
) no menor, ou(
) no menor.
Se o non che axudou a recoñeceres o modo, identifica outras notas características.
Se o está elevado nun modo con tónica maior, está no modo lidio. Se non, está no modo xonio ou xónico (maior).
Se o está rebaixado nun modo con tónica menor, está no modo frixio. Se o
está elevado nun modo con tónica menor, estás no modo dórico. Se nin o
nin
están alterados, está en eolio ou eólico (menor natural).
Os modos no contexto global
Case todas as culturas de calquera sitio e calquera época tiveron música, e a gran maioría organizaba as alturas no que a teoría musical occidental considera “modos”. Por tanto, como poderás imaxinar, hai moitas opcións para aquelas persoas que queiran compor música explorando alén da tradición occidental. Por volta de 1900, as compositoras e compositores de Europa e Norteamérica comezaron a facer iso mesmo. Inspiráronse na música da diáspora africana (que se tornaría nunha grande influencia para a música do século XX), os ragas antigos da India, China, os Balcáns e moitos máis lugares. Obviamente, non podemos ser xustos e dar representación a todas nun tema de dimensións tan grandes coma este, e tampouco o fixo a música clásica occidental, que normalmente simplificou moitoas sutilezas destes sistemas complexos. A seguir ofrecemos unha lista incompleta das fontes non Europeas de coleccións de alturas semellantes aos modos:
Raga da India
Maqam árabe e makam turco
Pelog e slendro de Bali
Modos de oración xudaicos
Dastgah de Persia
Escalas xaponesas
Cada un destes sistemas de organización das alturas está relacionado co concepto de modo que xa tratamos, mais tamén ten matices e prácticas que os distinguen dos modos diatónicos, aínda que as alturas sexan idénticas.
Bibliografía complementaria
Persichetti, Vincent. 1961. Twentieth-Century Harmony. New York: W. W. Norton.
Tarefas
Identifying modes (.pdf, .mscz). Asks students to identify 20th-century modes versus major/minor, circle inflected pitches, and explain how a pitch center is articulated. Music examples are transcribed from the TV show Great British Bake Off (music by Tom Howe, © Accorder Music Publishing, used with permission). Worksheet playlist
Additional beginner’s worksheets can be found in Introduction to Diatonic Modes and the Chromatic “Scale.”
Atribucións multimedia
Identifying Modes flowchart with Phrygian © Sarah Louden and Megan Lavengood is licensed under a CC BY-SA (Attribution ShareAlike) license
Notas de rodapé
Vincent Persichetti (1961) referiuse a estas notas como "notas características". ↵
Last updated