Este capítulo presenta o 64 cadencial (cad64 ), unha ornamentación do acorde da dominante que resulta da combinación de dúas notas estrañas que están a distancia de 6ª e 4ª do baixo, que é a dominante (5ˆ). Podemos marcar este proceso coa indicación cad64 ou ben como unha mesma unidade co acorde do V(7), é dicir, V(8−7)6−54−3
Calquera acorde que normalmente vaia ao V pode ir ao 64 cadencial. O máis habitual é que sexa unha das pre-dominantes fortes.
Ao resolveres o 64 cadencial, asegúrate de que segues as indicacións: a 6ª desde o baixo descende á 5ª e a 4ª desde o baixo descende á 3ª.