🔹Inversión e baixo cifrado

Chelsey Hamm e Samuel Brady

PUNTOS PRINCIPAIS

  • A voz do baixo das harmonías triádicas, que chamamos simplemente "o baixo", determina a inversión.

  • Os acordes invertidos non teñen a fundamental no baixo. Cando aparece a terceira no baixo, dicimos que o acorde está na primeira inversión, cando aparece a quinta no baixo, dicimos que o acorde está en segunda inversión e cando aparece a sétima, dicimos que o acorde está en terceira inversión.

  • Ademais dos símbolos do acorde, tamén se emprega o baixo cifrado para indicar a inversión. Cada inversión dunha tríade ou acorde de sétima está asociada a unha indicación única con cifras, que normalmente se abrevia.

  • O baixo cifrado non se engade ao símbolo do acorde, pero si se pode usar para falar da súa inversión.

  • O acto de converter o baixo cifrado en acordes chámase "realizar". Isto pódese facer por escrito ou ben de maneira improvisada ao interpretar.

  • As tríades e os acordes de sétima identifícanse pola súa fundamental, natureza e inversión. A inversión inclúe as cifras correspondentes se for o caso.

  • Para designar as alteracións cromáticas das notas, engádense as alteracións (♭, ♯, ♮) antes da cifra que se altera. Tamén se pode empregar o signo + ou unha barra para facer estas indicacións.

Inversión das tríades e números

É habitual priorizar a nota que está na voz do baixo das harmonías triádicas, que é a máis grave dunha composición independentemente do instrumento ou voz que a interprete. O Exemplo 1 mostra unha triade de La maior con tres notas diferentes no baixo, xunto cos símbolos correspondentes en cifrado americano (por riba da pauta):

Exemplo 1. Unha tríade de la maior en estado fundamental, primeira inversión e segunda inversión.

Unha tríade de la maior consta de tres notas: a fudamental (la), a terceira (dó♯) e a quinta (mi). Cando a tríade se coloca por terceiras (é dicir, na "forma de boneco de neve"), dicimos que está en estado fundamental, porque a nota que está no baixo nesta posición é a fundamental. Os acordes que non teñen a fundamental no baixo están invertidos, como se observa no Exemplo 2.

Inversión
Fundamental
Baixo

Estado fundamental

Fundamental

Fundamental

Primeira inversión

Fundamental

Terceira

Segunda inversión

Fundamental

Quinta

Exemplo 2. Resumo de inversións triádicas, fundamental e baixo.

Como se ve no Exemplo 2, cando a terceira aparece no baixo dicimos que a tríade está en primeira inversión, e cando a quinta aparece no baixo dicimos que a tríade está en segunda inversión.

É importante ter en conta que a voz do baixo do acorde non é o mesmo que a fundamental do acorde. A fundamental dunha tríade de La maior sempre é la, independentemente da inversión. Porén, a voz do baixo si que muda en cada inversión, de la para dó♯ e mi, como se ve no Exemplo 1 e no Exemplo 2.

Se pensas no boneco de neve, a primeira inversión é o equivalente a mover a bóla inferior por riba da cabeza, e a segunda inversión é como mover a parte do medio de forma que a cabeza fique máis baixa. Isto está demostrado no Exemplo 3:

Exemplo 3. A semellanza visual entre o boneco de neve e a tríade invertida.

Na música, ás veces usamos os símbolos do acorde para indicar as inversións, como vimos no Exemplo 1. No entanto, tamén é frecuente usar o baixo cifrado para este propósito. O baixo cifrado emprega números arábigos e algún outro símbolo para indicar os intervalos que hai desde o baixo (NON desde a fundamental). Estes números despois pódense interpretar como acordes.

O Exemplo 4 mostra o baixo cifrado completo das tríades, por baixo dos síbolos do acorde en cifrado americano.

Exemplo 4. Baixo cifrado completo das inversións triádicas.

Como se ve no Exemplo 4, unha tríade en estado fundamental ten unha terceira e unha quinta desde o baixo. Unha tríade en primeira inversión ten unha terceira e unha sexta, mentres que unha tríade en esgunda inversión ten unha cuarta e unha sexta desde o baixo. No baixo cifrado, os números máis altos aparecen por riba dos máis baixos.

Hai varios séculos, con todo, comezaron a usarse abreviaturas do baixo cifrado completo das tríades e acordes de sétima, para aforrar tempo e materiais (a tinta e o papel eran moi caros antes da revolución industrial). O Exemplo 5 mostra esa forma abreviada do baixo cifrado para as tríades, que é o máis frecuente aínda hoxe en día. Aparece tamén por riba o símbolo do acorde, en cifrado americano.

Exemplo 5. O baixo cifrado abreviado para as inversións triádicas.

Como ves, non aparecen números para o estado fundamental. As tríades en primeira inversión abrévianse cun "6" en superíndice, mentre que a segunda inversión mantén todos os números, "\begin{smallmatrix}6\\4\end{smallmatrix}", para podermos distinguila da primeira inversión.

O baixo cifrado non se usa normalmente cos símbolos do acorde. Aínda así, podemos engadila ao falarmos da inversión do acorde. Por exemplo, o acorde do último compás do Exemplo 5 tería o símbolo LA/MI (ou A/E), pero poderiamos falar del como "LA\begin{smallmatrix}6\\4\end{smallmatrix}".

Cando convertermos o baixo cifrado en acordes, sexa escribindo ou interpretando un instrumento, estamos a realizar o baixo cifrado. O Exemplo 6 mostra o proceso de realización de diversas tríades.

Exemplo 6. Algunhas tríades co baixo cifrado e a realización

No primeiro compás do Exemplo 6 temos un mi♭ sen cifra por baixo. Por tanto, supomos que temos que realizar unha tríade maior de Mi♭ en estado fundamental. Este acorde realízase (con notas escritas) no compás seguinte. No compás 3, vemos o número 6 por baixo da nota sol. Aí entendemos que temos que realizar unha tríade maior de Mi♭ en primeira inversión. Este acorde realízase no compás seguinte. No compás 5, vemos os números "\begin{smallmatrix}6\\4\end{smallmatrix}" por baixo da nota si♭. Esta notación significa que temos que realizar a tríade maior de Mi♭ na segunda inversión, que aparece no compás seguinte.

O Exemplo 7 mostra o proceso de realización da tríade en primeira inversión con máis detalle.

Exemplo 7. Realización dunha tríade de Sol menor en primeira inversión, en tres pasos.

Como vemos no Exemplo 7, primeiro temos o baixo si♭ co número 6 por baixo. Isto significa que a terceira do acorde está no baixo. Agora podemos encontrar a fundamental do acorde, que será sol. No seguindo compás do Exemplo 7, temos a realización da tríade de Sol menor en estado fundamental, entre parénteses. No tericeiro compás, a terceira do acorde (o si♭) está no baixo, agora a tríade está en primeira inversión. O último compás do Exemplo 7 é a resposta correcta para a realización deste símbolo.

O Exemplo 8 mostra o proceso de realización dunha tríade en segunda inversión con máis detalle:

Exemplo 8. Realización dunha tríade de Si maior en segunda inversión, en tres pasos.

Como vemos no Exemplo 8, realizamos unha tríade de Si\begin{smallmatrix}6\\4\end{smallmatrix}, unha tríade maior de si. No primeiro compáse, vemos un fa♯ co baixo cifrado \begin{smallmatrix}6\\4\end{smallmatrix} por baixo. Isto significa que a quinta da tríade está no baixo, e temos que buscar a findamental do acorde, que é si. No segundo compás do Exemplo 8, aparece unha tríade de Si maior en estado fundamental, entre parénteses. No terceiro compás, quinta do acorde (fa♯) aparece no baixo. Este acorde agora xa está na segunda inversión. O último compás do Exemplo 8 é a resposta correcta para a realización destes números.

Identificación de tríades

As tríades identifíncanse segundo a súa fundamental, natureza e inversión. Agora que engadimos a inversión, podemos actualizar os pasos necesarios para identificar unha tríade:

  1. Identificar e escribir a fundamental

  2. Identificar e escribir a natureza

  3. Identificar a inversión

  4. Escribir o cifrado correspondente se corresponde.

O Exemplo 9 mostra unha tríade invertida (compás 1) e en estado fundamental (compás 2).

Exemplo 9. Unha tríade invertida (compás 1) e en estado fundamental (compás 2).

O proceso de identificación en catro pasos para a trçiade do compás 1 é o seguinte:

  1. No compás 2, puxemos o acorde en estado fundamental. Agora podemos ver que a fundamental do acorde é re.

  2. A tríade é menor

  3. A terceira da tríade está no baixo, por tanto está en primeira inversión.

  4. Usando o baixo cifrado, podemos dicir que este acorde é Rem⁶. Usando os símbolos de acorde, diriamos que é REm/FA (ou Dm/F, en cifrado americano).

O Exemplo 10 mostra outra tríade invertida (compás 1) e en estado fundamental (compás 2).

Exemplo 10. Unha tríade invertida (compás 1) e en estado fundamental (compás 2).
  • No compás 2, puxemos o acorde en estado fundamental. Agora podemos ver que a fundamental do acorde é la.

  • A tríade é maior.

  • A quinta da tríade está no baixo, por tanto está en segunda inversión.

  • Usando o baixo cifrado, podemos dicir que este acorde é La\begin{smallmatrix}6\\4\end{smallmatrix}. Usando os símbolos de acorde, diriamos que é LA/MI (ou A/E, en cifrado americano).

Ten en conta que o segundo compás dos exemplos 9 e 10 está entre parénteses. Recomendamos que imaxines o acorde en estado fundamental, sen escribilo, para aforrares tempo.

Inversión dos acordes de sétima e cifrado

Igual que as tríades, os acordes de sétima tamén se poden inverter, é dicir, a fundamental non ten por que estar no baixo. O Exemplo 11 mostra un acorde de La⁷ en estado fundamental, primeira inversión, segunda inversión e terceira inversión.

Exemplo 11. Inversións do acorde de sétima

(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/inversion-and-figured-bass/

Outros símbolos do baixo cifrado

Para mostrar as modificacións cromáticas das notas, podemos engadir alteracións (♭, ♯, ♮) antes do número que se altera. O Exemplo 19 mostra algunhas realizacións de números con alteracións.

Exemplo 19. Realización de números con alteracións.

Tamén podemos usar barras que cruzan o número de esquerda a dereita para indicar que a nota se altera ascendentemente (común no cifrado barroco alemán), que no debemos de confundir coa barra de dereita a esquerda, que indica un intervalo diminuído (común no cifrado barroco francés). Ademais deste símbolo, tamén se pode usar o signo + para as notas que están elevadas medio ton, ou simplemente para indicar a posición da sensible da escala. Estes símbolos aparecen no Exemplo 20.

Exemplo 20. Realización de números con outros símbolos

Unha alteración soa (sen número) tamén é común. Nestes casos, enténdese que se aplican á terceira desde o baixo, como se ve no Exemplo 21.

Exemplo 21. Realización de alteracións que non acompañan un número

Ten en conta que se só aparece un "7", enténdese que o acorde é de sétima en estado fundamental. Se non aparecen cifras, enténdese que é unha tríade en estado fundamental.


Online Resources

Assignments from the Internet

  1. Triad Construction (Inversion) (.pdf)

  2. Triad Construction and Identification (Inversion), p.10 (.pdf), pp.4–8 (.pdf),

  3. Triad Chord Identification (Inversion) (.pdf, .pdf)

  4. Seventh Chord Construction (Inversion) (.pdf)

  5. Seventh Chord Identification (Inversion) (.pdf)

Assignments

  1. Triadic Inversions (.pdf, .mcsz). Asks students to write chord symbols and identify the inversion of closed-position chords, and to realize chords from chord-symbol-and-figured-bass notation.

  2. Seventh Chord Inversions (.pdf, .mcsz) Asks students to write chord symbols and identify the inversion of closed-position chords, and to realize chords from chord-symbol-and-figured-bass notation.

Media Attributions

Last updated