Page cover

🔹Introdución á sección 1

Esta sección presenta ao estudantado os elementos básicos da notación musical, como o ritmo, a altura e as indicacións de expresión. Tamén se ensinará a construír e identificar harmonías básicas, como intervalos(dúas notas), tríades (tres notas) e acordes de sétima (catro notas).

Requisitos previos

A sección de Fundamentos non asume familiaridade previa coa notación musical occidental. Aínda así, cada capítulo asume familiaridade co capítulo anterior, co cal é recomendable estudalos en orde. O alumnado que xa estudase Linguaxe musical seguramente poderá saltar os primeiros capítulos, que nesta edición están agrupados baixo o título "intrdución á notación musical occidental".

Organización

No primeiro capítulo da sección, Introdución á notación musical occidental, o estudantado poderá pensar sobre as formas en que se pode escribir as súas músicas preferidas. Os seguintes seis capítulos céntranse na notación das alturas e das convencións expresivas e estilísticas da notación musical occidental. Despois disto, introdúcese a notación rítmica occidental en catro capítulos.

Continúa o estudo das alturas coa identificación de escalas, tonalidades, modos diatónicos e da colección cromática. NExplórase a creación de harmonías, desde intervalos de dúas notas até acordes de sétima.

Os capítulos sobre tríades e acordes de sétima non inclúen baixo cifrado propositadamente, porque isto aparece nun capítulo específico. Este capítulo, xunto cos dedicados aos números romanos e a construción de acordes en estilo coral e á textura, poden usarse como introdución á escrita a varias voces, ao contraputo, a un curso de apreciación musical ou á historia da música.

Público

A sección de fundamentos está deseñada para un público amplo, que pode pertencer ao ensino secundarios, aos conservatorios profesionais, á universidade, conservatorio superior, ou a calquera outra institución.

CAPÍTULOS SOBRE FUNDAMENTOS

1ª parte

  • Introdución á notación musical occidental

  • Escrita de notas, claves e liñas suplementares

  • Lectura de claves

  • o teclado e o sistema de dúas pautas

  • Semitóns, tons e alteracións

  • Designación das oitavas e notación americana

  • Outros aspectos da notación

  • Notación do ritmo

  • Compases simples

  • Compases compostos

  • Outros elementos rítmicos esenciais

2ª parte

Last updated