🔹Escrita de notas, claves e liñas suplementares

Chelsey Hamm

PUNTOS PRINCIPAIS

  • Unha nota indica tanto a altura como o ritmo.

  • As notas escríbense na pauta ou pentagrama. As notas de frecuencias máis agudas (lonxitude de onda máis curta) escríbense máis arriba na pauta que as notas de frecuencias máis graves (lonxitude de onda máis longa). Isto é, as notas máis agudas están máis arriba que as graves.

  • Cómpre ter coidado ao escribir as cabezas das notas no pentagrama. A cabeza é ovalada (describe unha elipse, non un círculo), non pode ser grande nin pequena de máis e está lixeiramente virada cara arriba e á dereita.

  • A plica ou hasta das notas pode apuntar cara arriba (á dereita da nota) ou abaixo (á esquerda da nota. Nas notas que estean por riba da liña do medio, a plica apunta cara abaixo e nas notas que estean por baixo da liña do medio, a plica apunta cara arriba. As notas que estean na liña do medio poden apuntar en calquera dirección, dependendo das que teñan ao redor.

  • Escribir dúas notas a distancia de segunda implica desprazar unha nota á esquerda ou á dereita da plica. A nota máis grave sempre vai á esquerda, estea onde estea a plica.

  • Unha clave indica as alturas que se asignan ás liñas e espazos da pauta.

  • As liñas extra chámanse liñas suplementares ou adicionais e estenden a pauta cara ao agudo ou cara ao grave.

(En construción) Orixinal https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/notation-of-notes-clefs-and-ledger-lines/

Last updated