🔹A frase, arquetipos e formas únicas
John Peterson
PUNTOS PRINCIPAIS
Este capítulo presenta a frase, a oración, o período, a frase repetida, as formas compostas e as formas únicas no nivel da frase.
Unha frase é unha unidade relativamente completa que mostra traxectoria cara a unha meta. Na música clásica tonal, esa meta é case sempre unha das cadencias tradicionais, mais noutros tipos de música a meta pode ser diferente.
Unha oración (ou satz) é un tipo especial de frase que contén presentación e continuación.
Ás veces as frases combínanse para crearen formas máis longas. Dous tipos de combinacións posibles son:
O período: unha forma no nivel da frase que consiste de antecedente e consecuente.
A frase repetida: dúas frases que se estruturan de forma que a segunda é a repetición literal da primeira.
Ás veces dúas oracións combínanse con relación de antecedente-consecuente, creando un período composto.
Aínda que as formas que se tratan neste capítulo son todas bastante comúns, tamén é moi frecuente que nunha composición haxa formas únicas no nivel da frase que non coincidan con ningunha das aquí descritas.
(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/phrase-archetypes-unique-forms/
Last updated