Brian Jarvis
PUNTOS PRINCIPAIS
A forma sonata é unha manifestación complexa dunha forma binaria reexpositiva (ou circular), que ademais é equilibrada e aberta no plano harmónico.
A primeira repetición é a exposición, e a segunda repetición contén o desenvolvemento e a recapitulación.
A exposición ten dúas partes, chamadas tema principal e tema secundario.
O tema principal e o secundario están separados pola transición.
O tema secundario vai seguido habitualmente dun sufixo longo, a sección de conclusión.
O desenvolvemento e a recapitulación poden ter unha retransición no medio.
O tema secundario da recapitulación debería estar na tonalidade principal.
A forma sonata pode estar precedida por unha introdución e seguida por unha coda.
(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/sonata-form/
Last updated 1 year ago