🔹Introdución á sección 3
Esta sección introduce os conceptos básicos relativos á forma na música clásica occidental. Comeza examinando as formas no nivel da frase, e emprega termos baseados principalmente en William Caplin (1998). A seguir, céntrase na forma no nivel da composición.
Requisitos previos
Aínda que esta sección presupón algo de familiaridade cos temas que se tratan no capítulo dedicado á harmonía diatónica, tonicalización e modulación, non é preciso ter estudado esa sección a fondo para poder comezar con esta. O máis fácil é ir lendo simultaneamente as formas sinxelas desta sección III xunto coa porción sobre harmonía diatónica da sección IV. Se cadra é mellor deixar as formas do nivel da composición para máis tarde, cando se estude a tonicalización e a modulación.
Organización
O primeiro capítulo introduce algúns conceptos necesarios para estudar frases, como a xerarquía formal, a análise motívica e o nivel das ideas.
O seguinte capítulo presenta a frase, os períodos e as oracións. Despois disto, descríbense as formas híbridas e tamén a expansión e contracción. Podes saltar as formas híbridas se queres estudar antes a expansión e contracción.
O grupo de capítulos sobre formas grandes comeza cun capítulo de resumo, seccións formais en xeral. A seguir, ofrécense os capítulos que tratan formas comúns como a forma binaria, a ternaria, sonata e rondó.
Bibliografía complementaria
Caplin, William E. 1998. Classical Form: A Theory of Formal Functions for the Instrumental Music of Haydn, Mozart, and Beethoven. Nova York: Oxford University Press.C
Last updated