🔹Acordes de sétima
Chelsey Hamm
Neste capítulo falaremos de acordes de sétima ou tétrades: acordes de catro notas que se poden agrupar por terceiras.
Acordes de sétima
Como as tríades, as notas do acorde de sétima sempre se poden agrupar por terceiras, en liñas ou espazos adxacentes da pauta. Se xa diciamos que unha tríade na súa forma máis compacta ("posición pechada") parece un boneco de neve, entón un acorde de sétima na posición pechada (como o do Exemplo 1) parece un boneco de neve de maior tamaño, cunha parte inferior, dúas partes do medio e unha cabeza.
Como na tríade, a nota máis grave do acorde de sétima (na súa posición pechada) é a fundamental, e as outras notas reciben o nome do intervalo xenérico que forman coa fundamental, como se ve no Exemplo 2: terceira, quinta e sétima.
Natureza e nomenclatura dos acordes de sétima
O Exemplo 3 ofrece unha lista das naturezas ou calidades máis comúns dos acordes de sétima: maior-maior, maior-menor, menor-menor, 7ª semidiminuída e 7ª diminuída. Estas naturezas determínanse por dous factores:
A natureza da tríade que crean a fundamental, a terceira e a quinta.
A natureza do intervalo de sétima.
Os símbolos do acorde de sétima comezan co nome da nota fundamental, seguida da indicación da natureza da súa tríade e da súa sétima. Estes símbolos aparecen na última columna da táboa do Exemplo 3, incluíndo tamén o cifrado americano, de uso moi habitual nas músicas populares.
Acorde de sétima maior (maior-maior)
tríade maior
sétima maior
FA⁷ᴹ ou Fᵐᵃ⁷
Acorde de sétima de dominante (maior-menor)
tríade maior
sétima menor
FA⁷ ou F⁷
Acorde de sétima menor (menor-menor)
tríade menor
sétima menor
FAm⁷ ou Fmi⁷
Acorde de sétima semidiminuída ou de sétima de sensible
tríade diminuída
sétima menor
FA∅⁷ ou F∅⁷
Acorde de sétima diminuída
tríade diminuída
sétima diminuída
FAº⁷ ou Fº⁷
Exemplo 3. Resumo da nomenclatura das diferentes naturezas de acorde de sétima.
Nos tres primeiro casos, os nomes habituais son os que aparecen de primeiros na primeira columna, pero os outros poden axudar para describir o acorde, indicando primeiro a natureza da tríade e despois a da sétima:
maior-maior = acorde maior + sétima maior.
maior-menor = acorde maior + sétima menor.
menor-menor = acorde menor + sétima menor.
Os outros dous son case iguais, xa que os dous teñen tríades diminuídas, e só difiren na sétima, que nun caso é menor e no outro diminuída. Esa é a razón pola cal o primeiro acorde se chama "de sétima semidiminuída" e o segundo "de sétima diminuída".
O Exemplo 4 resume toda esta información en notación musical.
Non esquezas que, se a fundamental do acorde de sétima ten unha alteración, tes que engadila tamén ao nome do acorde. Por exemplo, Si♭m⁷ é o símbolo do acorde de sétima que ten unha tríade menor de Si♭ e unha sétima menor. Do mesmo xeito, SOL♯⁷ᴹ é o ´simbolo do acorde do acrode de sétima que ten unha tríade maior de Sol♯ e unha sétima maior.
Na notación dos símbolos do acorde, se unha nota diferente da fundamental do acorde está na posición máis grave dun acorde de sétima, engádese unha barra , seguida do nome da nota que está na voz do baixo (a máis grave). O Exemplo 5 mostra un acorde de sétima de sensible ou semidiminuída sobre Sol (SOL∅⁷). No primeiro compás, o acorde aparece na posición inicial. No segundo compás, a sétima do acorde (fa) está na voz do baixo, de modo que o símbolo do acorde é SOL∅⁷/FA. Este tema explorarase máis no capítulo sobre inversión e baixo cifrado.
Identificar acordes de sétima auditivamente
Escoita con atención as naturezas dos acordes de sétima do Exemplo 4. É habitual asociar propiedades expresivas aos acordes de sétima cando estamos a aprender como soan. Podes pensar que o acorde de sétima maior soa "alegre e jazzístico", o de sétima de dominante soa "pouco resolutivo" ou "indeciso" (porque parece que necesita ir a outro acorde), o de sétima menor é "triste e jazzístico", os acordes de sétima semidiminuída soa "arrepiante" e o acorde de sétima diminuída, "aínda máis arrepiante".
Naturezas dos acordes de sétima nos modos maior e menor
Podemos construír acordes de sétima sobre calquera dos graos da escala. Como ves no Exemplo 6, que está na tonalidade de Sol maior, os acordes de sétima que se forman sobre a tónica e a subdominante
teñen unha tríade maior e unha sétima maior, mentres que os que se fan sobre a dominante
teñen unha tríade maior e unha sétima menor (acorde de sétima de dominante). Os acordes de sétima construídos sobre a supertónica, a mediante e a submediante
e
teñen unha tríade menor con sétima menor, e os acordes que parten da sensible
son semidiminuídos (tríade diminuída e sétima menor). Estas naturezas dos acordes de sétima non mudan noutras tonalidades, de modo que pode ser útil memorizalas.
Os acordes de sétima tamén se poden formar sobre calquera nota do modo menor. O Exemplo 7, que está na tonalidade de Sol menor, só contén un acorde sobre a dominante e outro sobre a sensible
. É habitual que estes acordes de sétima empreguen a sensible e non a subtónica
e non
. No Exemplo 7, os acordes de sétima que se forman sobre a tónica
e a subdominante
teñen unha tríade menor e unha sétima menor, mentres que os que se fan sobre a dominante
teñen unha tríade maior e unha sétima menor (acorde de sétima de dominante). Os acordes de sétima construídos sobre a mediante e a submediante
e
teñen unha tríade maior con sétima maior, os que se fan sobre a supertónica
son semidiminuídos (tríade diminuída e sétima menor), e os acordes que parten da sensible
son diminuídos (tríade diminuída e sétima diminuída).
Escrita dos acordes de sétima
Para formar un acorde de sétima a partir do símbolo do acorde, tes que saber a fundamental e a natureza (máis a inversión, da que falaremos no próximo capítulo, Inversión e baixo cifrado) Os pasos necesarios para escribirmos un acorde de sétima son moi parecidos aos que xa seguimos para escribir unha tríade. Comezamos por formar un acorde de sétima maior:
Escribe a fundamental na pauta.
Escribe as notas que forman unha 3ª, 5ª e 7ª desde a fundamental (é dicir, deseña un boneco de neve "extra grande")
Pensa (ou escribe) a armadura da tonalidade maior que leva o nome da fundamental.
Escribe as alteracións desa tonalidade que correspondan coas notas do acorde, creando un acorde de sétima maior.
Para obteres calquera outra natureza de acorde de sétima, engade as alteracións necesarias para mudar a 3ª, a 5ª ou a 7ª sempre que sexa pertinente.
O Exemplo 8 mostra o proceso necesario para construír o acorde de sétima maior sobre re (RE⁷ᴹ ou Dᵐᵃ⁷):
Escribimos na pauta a nota re, a fundamental do acorde.
Deseñamos un boneco de neve "extra grande": un fa, un la e un dó, que son as notas que están a distancia xenérica de 3ª, 5ª e 7ª desde re.
Lembramos a armadura de Re maior. Re maior ten dúas díeses: fa♯ e dó♯.
Engadimos díeses (♯) á esquerda das notas fa e dó, porque fa♯ e dó♯ constan na armadura de Re maior.
A natureza do seguinte acorde vai facer que teñamos que escribir máis alteracións, entón o proceso ten algún paso máis. O Exemplo 9 mostra o proceso necesario para obter un acorde de sétima diminuída sobre la♭ (LA♭º⁷ ou A♭º⁷):
Escribimos na pauta a nota la♭, a fundamental do acorde.
Deseñamos un boneco de neve "extra grande": un dó, un mi e un sol, que son as notas que están a distancia xenérica de 3ª, 5ª e 7ª desde la♭.
Lembramos a armadura de La♭ maior. La♭ maior ten catro bemois: si♭, mi♭, la♭ e re♭.
Engadimos un bemol ao mi, porque é o que coincide coa escala de La♭ maior.
Até agora conseguimos facer un acorde de sétima maior, pero queríamos facer una acorde de sétima diminuída, e para iso temos que engadir alteracións diferentes ás de La♭ maior:
Rebaixamos un semitón a dó e mi♭, até dó♭ e mi𝄫, para pasar dunha tríade maior a unha diminuída.
Para mudar a sétima do acorde, temos que rebaixar dous semitóns (rebaixar un semitón faría unha sétima menor), de sol a sol𝄫.
Seguir estes pasos é unha forma fiable para principiantes, pero realmente leva tempo. Se practicas as diferentes naturezas dos acordes de sétima tocándoas até interiorizalas ben, os teus coñecementos sobre estas notas serán cada vez máis automátivos sen usar o proceso completo.
Identificación de acordes de sétima, duplicacións e espazamento
Igual que as tríades, os acordes de sétima tamén se identifican mediante a fundamental, a natureza e a inversión. Esta última trátase no capítulo dedicado á Inversión e baixo cifrado, entón aquí os exemplos están en estado fundamental.
Identifica a escribe a fundamental
Imaxina a armadura da tonalidade maior que leva o nome da fundamental.
Identifica e escribe a natureza da tríade.
Identifica e escribe a natureza da sétima.
O Exemplo 10 mostra un acorde de sétima en estado fundamental para practicar o proceso de identificación.
Para identificar este acorde de sétima:
Como o acorde está en estado fundamental, a nota máis grave é a fundamental, o dó♯.
A tonalidade de Dó♯ maior ten sete díeses (todas as notas). Mi e sol serían díeses na tonalidade de Dó♯ maior, pero vemos que as dúas notas están naturais (rebaixadas un semitón), de modo que a tríade é diminuída.
A sétima do acorde, si, tamén sería díese en Dó♯ maior, pero aquí é natural. Cando rebaixamos un semitón a unha sétima maior, tórnase sétima menor.
Unha tríade diminuída con sétima menor conforman un acorde de sétima semidiminuída ou de sensible. Por tanto, este é un acorde de sétima semidiminuída sobre dó♯ (Dó♯∅⁷ ou C♯∅⁷).
Se a nota máis grave d o acorde de sétima corresponde a una tonalidade imaxinaria (porque requiriría alteracións duplas nalgunha das notas), podes usar a equivalencia enharmónica para reescribir o acorde de sétima, seguindo o proceso que describimos na última sección do capítulo sobre intervalos.
Igual que coas tríadas, a identificación de acordes de sétima non se ve afectada pola duplicación das notas nin polo espazamento aberto (mesmo en diferentes claves). O Exemplo 11 mostra dous acordes de sétima diferentes en espazamento aberto e con duplicacións. Só tes que imaxinar ou escribir as notas do acorde de sétima na posición pechada, sen duplicacións, para identificares os acordes, como xa fixemos antes.
Online Resources
Assignments from the Internet
Constructing and Identifying Seventh Chords (.pdf)
Identifying Root Position Diatonic Seventh Chords (website), III
Assignments
Media Attributions
Chord members © Megan Lavengood is licensed under a CC BY-NC-SA (Attribution NonCommercial ShareAlike) license
Dmaj © Megan Lavengood is licensed under a CC BY-NC-SA (Attribution NonCommercial ShareAlike) license
Abdim7 © Megan Lavengood is licensed under a CC BY-NC-SA (Attribution NonCommercial ShareAlike) license
Notas de rodapé
Last updated