Os acordes de sexta aumentada son un grupo de pre-dominantes cromáticas que conteñen o intervalo de sexta aumentada entre o sexto grao rebaixado e o cuarto grao elevado .
Hai tres tipos de acorde: sexta aumentada italiana (IT⁺⁶), francesa (FR⁺⁶) e alemá (AL⁺⁶).
Os acordes de sexta aumentada non teñen fundamental, e resolven nun acorde de dominante en estado fundamental.