🔹Introdución aos modos diatónicos e á "escala" cromática
Chelsey Hamm
PUNTOS PRINCIPAIS
Os modos diatónicos son coleccións de notas con padróns concretos de tons e semitóns.
Os modos pódense ordenar en función do seu brillo: os modos máis brillantes soan máis parecidos á escala maior, e os modos máis escuros, máis parecidos á escala menor.
Os tres modos brillantes, que teñen o terceiro grao maior (
) e no menor (
), son o lidio, o xonio e o mixolidio.
Os catro modos escuros, que teñen o terceiro grao menor (
) e non maior (
), son o dórico, eolio, frixio e locrio.
Unha "escala" cromática, tamén coñecida como colección cromática, consiste de doce semitóns adxacentes. As escalas cromáticas escríbense frecuentemente con díeses ao ascender e con bemois ao descender.
Este libro trata os modos con diferentes enfoques. Para obteres máis información sobre os modos, podes ler os capítulos correspondentes nas seccións sobre jazz, músicas populares, e música dos séculos XX/XXI (en construción)
(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/intro-to-diatonic-modes-and-the-chromatic-scale/
Last updated