🔹Escalas maiores: graos da escala e armaduras

Chelsey Hamm e Bryn Hughes

circle-info

PUNTOS PRINCIPAIS

  • Unha escala maior é unha colección ordenada de tons e semitóns coa sucesión ascendente T - T - ST - T - T - T - ST.

  • As escalas maiores reciben o nome da primeira nota (que é tamén a última), incluíndo a alteración que teña esa nota.

  • Os graos da escala desígnanse en números arábigos cun acento circunflexo por riba. Os graos da escala son \hat1-\hat2-\hat3-\hat4-\hat5-\hat6-\hat7.

  • Cada nota dunha escala maior pode recibir tamén o nome do grao que ocupa: tónica, supertónica, mediante, subdominante, dominante, submediante e sensible.

  • Unha armadura está conformada por díeses (♯) ou bemois (♭) e aparece ao principio da obra, despois da clave e antes da indicación de compás.

  • A orde de díeses nas tonalidades é fa-dó-sol-re-la-mi-si, e a orde de bemois é a contraria: si-mi-la-re-sol-dó-fa. Nas armaduras de tonalidades maiores, a última díese está medio ton por baixo da tónica. Nas tonalidades con bemois, o penúltimo bemol é a tónica.

  • O círculo das quintas é unha representación visual que permite recordar as armaduras das tonalidades maiores. Todas as tonalidades maiores están ordenadas no círculo segundo o número de alteracións que teñan.

Unha escala é unha colección ordenada de tons e semitóns (podes ver o capítulo sobre tons e semitóns para repasar estes conceptos)

Escalas maiores

Unha escala maior é unha colección ordenada de tons (T) e semitóns (ST) na seguinte sucesión ascendente: T - T - ST - T - T - T - ST. Escoita o Exemplo 1 para ouvir unha escala maior ascendente. Dado que o exemplo está en inglés, cada ton leva un W (de whole step) e cada semitón leva un H (de half step).

Exemplo 1. Unha escala maior ascendente

Unha escala maior sempre comeza e acaba cunhas notas que teñen o mesmo nome, a distancia de oitava, e esta nota inicial e final determina o nome da escala. Por tanto, o Exemplo 1 representa a escala de Dó maior, porque a primeira e a ultima nota é dó. A música que empregue as notas da escala de Dó maior dise que está na tonalidade de Dó maior.

O nome da escala inclúe calquera alteración que se aplique á primeira e última nota. O Exemplo 2 mostra a escala de Si♭ maior, non a escala de si maior, que sería unha colección de notas diferentes. Repara en que o padrón de tons e semitóns é o mesmo en todas as escalas maiores, como se observa no Exemplo 1 e Exemplo 2.

Exemplo 2. Unha escala de Si♭ maior

Graos da escala

É habitual referírmonos ás notas dunha escala maior con varios nomes. Os graos da escala pódense representar mediante números arábigos cun acento circunflexo. A primeira nota dunha escala é o grao \hat{1} e os números ascenden até a última nota da escala, que tamén é o \hat{1} (aínda que tamén se pode chamar \hat{8}). O Exemplo 3 mostra unha escala maior de Re co número que corresponde ao número arábigo.

Exemplo 3. Unha escala de Re maior

Por baixo dos números, o Exemplo 3 tamén mostra outro método de designar as notas dunha escala maior, as sílabas do solfexo móbil. Este é un método moi empregado noutros países de Europa e América, que consiste en asignar a sílaba “dó” á primeira nota de calquera escala. Dado que isto entra en conflito cos nomes das notas nas linguas latinas (o sitema chamado "dó fixo", por contraste co "dó móbil"), non é habitual usar este sistema en galego, e por tanto non se empregará na versión traducida deste libro salvo nalgúns exemplos.

As notas da escala tamén reciben uns nomes específicos: tónica, supertónica, mediante, subdominante, dominante, submediante e sensible. O Exemplo 4 mostra a relación destes nomes cos graos da escala.

Grao da escala
Nome

\hat{1}

Tónica

\hat{2}

Supertónica

\hat{3}

Mediante

\hat{4}

Subdominante

\hat{5}

Dominante

\hat{6}

Submediante (tamén superdominante)

\hat{7}

Sensible

\hat{8} / \hat{1}

Tónica

Exemplo 4. Números e nomes dos graos da escala.

O Exemplo 5 mostra estes nomes dos graos da escala aplicados á escala de La♭ maior.

Exemplo 5. A escala de La♭ maior cos nomes dos graos (en inglés)

O Exemplo 6 mostra as notas e os nomes dos graos da escala de La♭ maior nunha orde que demostra como se obteñen estas denominacións. As liñas curvas que están por riba do pentagrama mostran a distancia interválica que hai entre cada grao da escala e a tónica.

  • A palabra "dominante" vén da teoría musical medieval e refírese á importancia que ten a quinta sobre a tónica na música diatónica.

  • A palabra "mediante" refírese a que esta nota está no medio entre tónica e dominante.

  • O prefixo "super" indica que a nota está por riba.

  • O prefixo "sub" indica que a nota está por baixo (á mesma ditancia da tónica que a orixinal). Repara en que anteriormente non usaramos a palbra "subtónica". Isto é porque esta palabra non se usará nas escalas maiores, só nas menores, como explicaremos máis adiante.

Exemplo 6. As notas da escala de La♭ maior ordenadas para demostrar a orixe dos termos.

Armadura

Unha armadura consta de bemois (♭) ou díeses (♯), tamén denominadas “sostidos” (polo castelán “sostenidos”) . A armadura aparece ao comezo da composición, despois da clave, mais antes da indicación do compás. O Exemplo 7 mostra a armaduta entre a clave de fa e o compás 4/4.

Exemplo 7. A armadura vai despis da clave, pero antes da indicación de compás.
Exemplo 8. As dúas notas si están bemois, independentemente da oitava.

As armaduras ordenan as alteracións da escala e colócanas ao principio da composición para que sexa máis doado lembrar as notas que teñen unha alteración. No Exemplo 7, hai bemois nas liñas e espazos das notas si, mi e la (lese de esquerda a dereita). Por tanto, todas as notas si, mi e la da obra serán bemois, estean na oitava que estiveren. No Exemplo 8, as dúas notas están bemois, porque o si♭ forma parte da armadura.

As armaduras con bemois teñen unha orde específica, e as de díeses tamén. Estas ordes aplícanse entodas as claves. O Exemplo 9 mostra a orde de díeses e bemois nas catro claves que xa aprendemos.

Exempo 9. A orde de díeses e bemois nas claves de sol, fa, dó en 3ª e dó en 4ª.

A orde das díeses sempre é fa, dó, sol, re, la, mi, si. As díeses forman un zig-zag. Na maioría de claves, este padrón racha no Re♯ e despois continúa. Na clave de dó en 4ª, non hai interrupción, mais fa♯ e sol♯ aparecen na oitava grave e non na aguda.

A orde de bemois é a contraria da de díeses: si, mi, la, re, sol, dó, fa. É dicir, son palídromos. Os bemois sempre fan zig-zag en todas as claves, como se observa no Exemplo 9.

Hai formas fáciles de lembrar a armadura que pertence a cada escala maior. Nas escalas maiores, a última díese está a distancia de semitón da tónica (a primeira nota da escala). O Exemplo 10 mostra tres armaduras con díeses en claves diferentes. Podemos identificalas con este método:

Exemplo 10. Tres armaduras diferentes con díeses en tres claves.
  1. A última díese (neste caso, a única) é fa♯, que está a medio ton de sol. Por tanto, esta é a armadura de Sol maior.

  2. A última díese é sol♯, que está a medio ton de la. Por tanto, esta é a armadura de La maior.

  3. A última díese é mi♯, que está a medio ton de fa♯. Por tanto, esta é a armadura de Fa♯ maior.

Nas armaduras con bemois, o penúltimo bemol é a tónica (primeira nota da escala). O Exemplo 11 mostra tres armaduras con bemois, que podemos identificar con este método:

Exemplo 11. Tres armaduras diferentes con bemois en tres claves.
  1. O penúltimo bemol da armadura é si♭. Por tanto, esta é a armadura de Si♭ maior.

  2. O penúltimo bemol da armadura é la♭. Por tanto, esta é a armadura de La♭ maior.

  3. O penúltimo bemol da armadura é sol♭. Por tanto, esta é a armadura de Sol♭ maior.

Hai dúas armaduras que non teñen "truco" e que hai que memorizar. Son a de Dó maior, que non ten nada na armadura (nin díeses nin bemois) e Fa maior, que ten un bemol (Exemplo 12)

Exemplo 12. As armaduras de Dó maior (arriba) e Fa maior (abaixo)

O Exemplo 13 mostra a armadura de Dó maior seguida de todas as armaduras con díeses en orde, nas catro claves: Sol, Re, La, Mi, Si, Fa♯ e Dó♯.

Exemplo 13. As armaduras de Dó, Sol, Re, La, Fa♯ e Dó♯.

O Exemplo 14 mostra a armadura de Dó maior e despois todas as armaduras con bemois en orde nas catro claves: Fa, SI♭, Mi♭, La♭, Re♭, Sol♭ e Dó♭.

Exemplo 14. As armaduras de Fa, SI♭, Mi♭, La♭, Re♭, Sol♭ e Dó♭.

Hai outro truco para memorizar as armaduras de cada tonalidade: Dó maior é a tonalidade que non ten díeses nin bemois, Dó♭ maior é a tonalidade que ten todos os bemois (7) e Dó♯ maior é a que ten todas as díeses (tamén 7). As que están no medio, seguen a orde de díeses e bemois que enunciamos antes.

As armaduras son "reais" se corresponden a unha das tonalidades incluídas nos Exemplos 13 e 14. Se é necesario incluír unha díese dupla (𝄪) ou un bemol duplo (𝄫) na armadura, entón é chamada "imaxinaria". Podémolas encontrar na música, mais non son frecuentes. O Exemplo 15 mostra unha escala de Fa♭ maior. A armadura é imaxinaria porque precisa dun Si𝄫.

Exemplo 15. Unha escala de Fa♭ en clave de sol.

Podes practicar a identificación de tonalidades no seguinte exercicio (en inglés):

Exercicio (botón dereito - abrir nunha xanela nova/independente)

O círculo das quintas

O círculo das quintas é unha imaxe bastante útil en que se representan todas as escalas maiores ordenadas segundo as súas alteracións. O círculo das quintas chámase así porque cada tonalidade está a distancia de quinta das que ten ao lado. O Exemplo 16 mostra o círculo das quintas para as tonalidades maiores.

Exemplo 16. O cículo das quintas para as tonalidade maiores.

Se comezas na parte superior do cículo, a armadura é a de Dó maior, que non ten díeses nin bemois. Se continuas no sentido horario, aparecen as armaduras con díeses, e cada unha engade unha alteración. Se continúas en sentido antihorario desde dó maior, aparecen as armaduras con bemois, e cada unha engade unha alteración. As últimas tres tonalidades do Exemplo 16 son equivalentes enharmónicas. Por exemplo, as escalas de Si maior e Dó♭ maior teñen armaduras diferentes (5 díeses ou 7 bemois), pero soan igual porque as notas Si e Dó♭ son equivalentes enharmónicos.


Recursos online

Exercicios externos da Internet

  1. Writing Major Scales (.pdfarrow-up-right), from Tonic and Other Scale Degrees (.pdfarrow-up-right)

  2. Writing Major Key Signatures (.pdfarrow-up-right)

  3. Identifying Major Key Signatures (.pdfarrow-up-right)

  4. Major Keys Worksheets for Children (.pdfarrow-up-right)

  5. Scale Degrees or Solfège (.pdfarrow-up-right, .pdfarrow-up-right)

Tarefas

  1. Writing Major Scales (.pdfarrow-up-right, .mscxarrow-up-right)

  2. Key Signatures: Major (.pdfarrow-up-right, .mscxarrow-up-right)

Atribucións multimedia

Last updated