🔹Conceptos fundamentais das formas no nivel da frase

John Peterson

PUNTOS PRINCIPAIS

Este capítulo describe a xerarquía da forma musical, os motivos e a segmentación analítica.

  • A forma musical pode entenderse como un agrupamento xerárquico de unidades.

  • O máis pequeno destes agrupamentos é o motivo, que normalmente é unha unidade recorrente de música que adoita ser máis pequeno que unha idea. Nunha análise, marcamos e os motivos e dámoslles un nome se se repiten e transforman ao longo dunha obra. Evita identificar melodías longas ou fragmentos de melodías como motivos, os motivos son breves!

  • A segmentación analítica é a forma de mostrar o agrupamento de unidades dunha pasaxe ou dunha obra enteira. Para facermos unha análise mediante segmentación, comezamos identificando os finais das frases, que frecuentemente están marcados por cadencias. Despois, dividimos as frases en unidades máis pequenas usando corchetes por riba da partitura, para mostrar o nivel das ideas.

(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/foundational-concepts/

Last updated