🔷Secuencias cromáticas
Bryn Hughes
PUNTOS PRINCIPAIS
As secuencias diatónicas repiten segmentos musicais e transpóñense nun padrón regular dentro dunha tonalidade.
As secuencias diatónicas cromatizadas poden incluír adornos cromáticos ou acordes cromáticos, como dominantes secundarias. Estas secuencias evitan a transposición estrita da distancia e a natureza dos intervalos.
As secuencias cromáticas difiren das diatónicas en que manteñen tanto a distancia como a natureza do intervalo de transposición durante a secuencia. As secuencias diatónicas preservan a distancia, mais non a natureza, para asegurar que permanecen dentro dunha mesma tonalidade.
Lembra que todas as secuencias teñen que ter unha condución coherente en cada voz. As disposicións do acorde deberían coincidir en todos os compoñentes.
(en construción) Orixinal: https://pressbooks.pub/teoriamusicalaberta/part/chromaticism/
Last updated