🔸Contrapunto da segunda especie

Kris Shaffer e Mark Gotham

PUNTOS PRINCIPAIS

  • A segunda especie do contrapunto ten unha liña contrapuntística que se fai dúas notas por cada nota do cantus firmus. Isto introduce a idea dos pulsos fortes e débiles.

  • Os pulsos fortes sempre coinciden cun intervalo consoante. Os débiles poden ser consoantes ou disonantes. A disonancia pode estar causada por notas de paso. Os pulsos débiles consoantes conectan dous pulsos fortes consoantes para crear unha sucesión de 3 consonancias. Isto pode ser de varios tipos:

    • Nota de paso consoante: graos conxuntos na mesma dirección, que fan unha terceira.

    • Substitución: salto de cuarta e grao conxunto na dirección contraria.

    • Nota de paso con salto: unha terceira e un grao conxunto na mesma dirección, que forman unha cuarta.

    • Subdivisión interválica: dous saltos na mesma dirección para dividir un salto maior, por exemplo dúas terceiras que fan unha quinta.

    • Cambio de rexistro: un salto grande e consoante (quinta, sexta ou oitava) de pulso forte a débil, seguido dun grao conxunto na dirección oposta.

    • Atraso da progresión melódica: salto de terceira, despois unha segunda na dirección contraria.

    • Bordadura consoante: grao conxunto nunha dirección e despois volta ao son orixinal.

(en construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/second-species-counterpoint/

Last updated