🔹Escalas menores: graos da escala e armaduras
Chelsey Hamm e Bryn Hughes
LISTA DE REPRODUCIÓN DO CAPÍTULO
A escala menor
A terceira nota da escala menor sempre está un semitón por baixo da terceira nota dunha escala maior homónima (por exemplo, Si maior e Si menor). Hai tres tipos diferentes de escalas menores: menor natural, menor harmónica e menor melódica. Estes tres tipos de escala menor pódense concibir como sabores dun xeado. O xeado sempre vai ser un xeado independentemente do sabor que teña e, do mesmo xeito, na música considérase que unha obra está "en menor" sen importar a escala concreta que empregue (natural, harmónica ou melódica). É dicir, aínda que hai tres escalas menores, a tonalidade considérase sempre "menor" ("La menor", "Re menor", etc.) e as armaduras son sempre as mesmas, baseadas na escala menor natural.
Os tres tipos diferentes de escala menor son categorías útiles sobre todo para instrumentistas. Aprender a tocar os tipos diferentes de escalas menores nos instrumentos permítelles familiarizarse cos deseños menores máis habituais na música clásica occidental. Como nas escalas maiores, as escalas menores reciben o nome da primeira nota (incluíndo a alteración, se a houber), que tamén é a última nota.
Menor natural
A forma menor natural da escala menor consiste nunha colección ordenada de tons e semitóns coa sucesión ascendente T - ST - T - T - ST - T - T, como se mostra no Exemplo 1 (ao estar en inglés, aparecen os tons etiquetados cun W, whole step, e os semitóns cun H, half step). Escoita con atención o Exemplo 1 e repara en que o padrón de tons e semitóns da escala menor natural é o mesmo ao ascendenr e ao descender.
Menor harmónica
A forma menor harmónica da escala menor consiste nunha colección ordenada de tons e semitóns coa sucesión ascendente T - ST - T - T - ST - T+ST - T, como se observa no Exemplo 2. A liña curva representa unha distancia de ton e medio (ton máis semitón). Escoita con atención o Exemplo 2 e repara en que o padrón de tons e semitóns da forma menor harmónica da escala menor é igual ao ascender e ao descender.
Menor melódica
A forma menor melódica da escala menor consiste nunha colección ordenada de tons e semitóns coa sucesión ascendente T - ST - T - T - T - T - ST e descendente T - T - ST - T - T - ST - T, como se observa no Exemplo 3. Ao escoitares o Exemplo 3, repara en que a forma menor melódica da escala menor ten padróns diferentes ao ascender e ao descender: o padrón ascendente é único, mais o descendente coincide coa forma menor natural.
O Exemplo 4 mostra catro versión da escala de Dó (maior, menor natural, menor harmónica e menor melódica), coa indicación dos graos da escala. Escoita o exemplo con atención para notar as diferenzas entre as escalas.
Graos da escala menor
Os graos da escala en menor son moi parecidos aos que xa vimos en maior, mais non son iguais. O Exemplo 5 resume os tres tipos de escala menor e mostra os graos da escala (ademais das sílabas do solfexo móbil, que non empregaremos).
Na escala menor natural (Exemplo 5a), en vez do grao temos o
(a frecha lese como "rebaixado" ou "menor"), en vez do
temos o
e en vez do temos o
. Se escoitas a versión ascendente, verás que non acaba de forma tan conclusiva como o facía a escala maior, porque o que dá a sonoridade conlusiva á escala maior é o semitón que hai entre
e
.
Na escala menor harmónica (Exemplo 5b), temos os graos e
, pero neste caso si que se crea a sensación de conclusión que falta na escala menor natural, ao ter o grao
.
Como xa comentaramos, a escala menor melódica é diferente ao ascendenr e ao descendenr (Exemplo 5c). Na forma ascendente, en vez do temos o
, pero o resto de graos son iguais que na escala maior. Na forma descendente da escala menor melódica, temos os mesmos graos que na menor natural (
,
e
). Por tanto, a versión ascendente da escala menor melódica ten a sensación de conclusión que se asocia coa escala maior, mais a versión descendente segue o deseño da escala menor natural.
Como nas escalas maiores, cada nota dunha escala menor ten un nome propio. O Exemplo 6 indica cales son os nomes que recibe cada grao.
Tónica
Supertónica
Mediante
Subdominante
Dominante
ou
Submediante (tamén superdominante)
Subtónica
Sensible
/
Tónica
Exemplo 6. Nomes dos graos das escalas menores.
Como se comentou no capítulo das escalas maiores, o prefixo "sub" indica "por baixo" (a submediante está unha 3ª por baixo da tónica e a subdominante, unha quinta por baixo). Aquí entra tamén un novo nome, a subtónica, que se refire ao . A supertónica está un ton por riba da tónica e a subtónica, un ton por baixo.
O Exemplo 7 mostra a escala menor melódica de Si, ascendente e descendente, cos nomes dos graos. Como ves, esta escala utiliza a sensible ao ascender e a subtónica ao descender.
O Exemplo 8 é unha forma rápida de visualizar unha comparación entre os tes tipos de escala menor. A orde reflicte o número de groa srebaixados (comparados cunha escala maior homónima).
Natural
,
e
Harmónica
e
Melódica (ascendente)
Exemplo 8. Graos rebaixados en menor
Como ves, a escala menor natural ten tres graos rebaixados, a menor harmónica ten dous e a versión ascendente da menor melódica, só un. Lembra que a versión descendente da menor melódica é igual á menor natural, con tres graos rebaixados.
Tonalidades homónimas e relativas
Ao comparar tonalidades maiores e menores, hai dúas relacións importantes. As tonalidades paralelas ou homónimas son as que comparten a mesma tónica (). Por exemplo, Dó maior e Dó menor (ou La♭ maior e La♭ menor) son tonalidades paralelas ou homónimas. Dicimos entón que Dó maior é o paralelo maior ou o homónimo maior de Dó menor e viceversa.
Dúas tonalidades son relativas cando comparten a armadura. Por exemplo, Dó maior non ten díeses (♯) nin bemois (♭) na armadura, e La menor, tampouco. Diremos entón que Dó maior é o relativo maior de La menor e que La menor é o relativo menor de Dó maior. A tónica da tonalidade menor sempre está un ton e medio por baixo da tónica do relativo maior. Se contas tres semitóns por baixo de dó, chegas a la (dó-si, si-si♭, si♭-la). Do mesmo xeito, para encontrar o relativo maior dunha tonalidade maior, cómpre contar tres semitóns (ton e medio) cara arriba.
Ao contar semitóns para determinar o relativo maior ou menor dunha tonalidade, ten en conta que as tonalidades relativas comparten a armadura. Unha tonalidade con díeses non pode ser relativa dunha tonalidade con bemois, por tanto tes que seleccionar a opción enharmónica correcta. Por exemplo, aínda que a nota que está tres semitóns por baixo de re♭ se poida escribir como si♭ ou la♯, só Si♭ menor (5 bemois) é o relativo menor de Re♭ maior (que tamén ten 5 bemois), porque La♯ menor ten outra armadura (7 díeses).
Armaduras das tonalidades menores
As armaduras de tonalidades menores, como as das maiores, van antes da clave e antes da indicación de compás. Cada tonalidade maior ten unha tonalidade relativa menor correspondente. Por tanto, a orde de díeses e bemois é a mesma nas tonalidades menores que nas maiores, e colocanse nas mesmas liñas e espazos. O Exemplo 9, copiado do capítulo anterior, mostra a orde de díeses e bemois nas catro claves habituais:
Como xa se mencionou, se sabes a tonalidade maior que está asociada cunha determinada armadura, podes baixar tres semitóns para encontrar a tonalidade menor que ten tamén esa armadura. O Exemplo 10 mostra as armaduras con díeses en orde, e o Exemplo 11, as armaduras con bemois en orde.
As tonalidades menores tamén poden ser imaxinarias se conteñen alteracións duplas (como as maiores).
Podes practicar a identificación de armaduras de tonalidades menores con este exercicio (en inglés)
As tonalidades menores no círculo das quintas
O círculo das quintas pode ser utilizado como axuda visual das armaduras de tonalidades menores, igual que para as maiores. Cada armadura está situada ao lado das tonalidades maiores e menores correspondentes. O Exemplo 12 mostra o círculo das quintas con estas informacións:
No Exemplo 12, as tonalidades maiores aparecen en azul e letra maiúscula, por fóra do círculo, en canto as tonalidades menores están en vermello, letra minúscula e por dentro do círculo. De novo, as armaduras aparecen por orde segundo o número de alteracións. Se comezas na parte superior e continúas en sentido horario, verás as armaduras con díeses, e se comezas en sentido antihorario, verás as dos bemois. As últimas tres armaduras poden ser escritas con díeses ou bemois, e por tanto son enharmónicas.
Maior ou menor?
Cando tes que tocar ou cantar unha peza musical, é habitual que haxa unha armadura, de modo que podes asumir que a tonalidade empregada só é unha de dúas posibilidades: unha tonalidade maior ou o seu relativo menor [1]. E como podes saber cal das dúas é? Pode ser útil escoitar ou ollar para a primeira e última nota da obra, porque é habitual que as pezas comecen e acaben na tónica.
O Exemplo 13 mostra os tres pimeiros compases dunha canción de Louise Reichardt (1779–1826) titulada Durch die bunten Rosenhecken (“Polas coloridas sebes de rosas”):
Este exemplo inclúe unha liña vocal (superior) e unha parte para piano (o sistema inferior). A armadura ten catro bemois, o que significa que podemos supor que a tonalidade desta obra é La♭ maior ou Fa menor. No Exemplo 13, a primeira nota rodeada na parte superior (a da voz) é un Fa, e tamén a primeira nota rodeada da parte inferior (a do piano). Por tanto, é probable que a tonalidade desta obra sexa Fa menor e non La♭ maior. Conforme vaiamos aprendendo máis sobre as características das tonalidades, irase tornando máis clara a distinción entre as maiores e as menores.
Recursos online
Minor Key Signature Flashcards (music-theory-practice.com) (be sure to click “minor” in the menu)
Exercicios externos da Internet
Natural Minor Scales (.pdf)
Harmonic Minor Scales (.pdf)
Melodic Minor Scales (.pdf)
Writing Minor Key Signatures (.pdf)
Writing and Identifying Minor Key Signatures (.pdf)
Parallel and Relative Minor Questions (.pdf)
Scale Degree Names and Scale Degrees (.pdf)
Tarefas
Atribucións multimedia
Scale-degree Names Minor © Chelsey Hamm is licensed under a CC BY-SA (Attribution ShareAlike) license
Sharps and Flats in Different Clefs © Chelsey Hamm is licensed under a CC BY-SA (Attribution ShareAlike) license
Minor Circle of Fifths © Wiki Commons adapted by Bryn Hughes is licensed under a CC BY-SA (Attribution ShareAlike) license
Durch die bunten Rosenhecken © Louise Reichardt is licensed under a CC BY-NC-SA (Attribution NonCommercial ShareAlike) license
Notas de rodapé
A maioría de obras clásicas occidentais escritas entre 1700 e 1900 están en maior ou menor. Porén, fóra desta época e contexto cultural, tamén deberías considerar se a peza está nun modo diatónico. Isto podería aumentar o número de tónicas posibles indicada pola armadura.. ↵
Last updated