🔹Outros elementos rítmicos esenciais

Bryn Hughes; Mark Gotham e Chelsey Hamm

PUNTOS PRINCIPAIS

  • Unha tercina (en español, tresillo) é un tipo de grupo irregular (quiáltera) en que un poulso ou tempo dun compás simple se divide en tres partes. Tamén pode acontecer en subdivisións dun tempo ou en varios tempos. Para escribir unha tercina, hai que colocar un 3 por riba do ritmo correspondente.

  • Unha quiáltera de dúas notas (en español, dosillo) é un tipo de grupo irregular en que un tempo dun compás composto se divide en dúas partes. Tamén pode acontecer en subdivisións dun tempo. Para escribir unha quiáltera de dúas notas, hai que colocar un 2 por riba do ritmo correspondente

  • A hipermétrica refírese ao padrón de acentuación no nivel métrico.

  • A síncope é a creación dun acento nun tempo ou parte débil, que pode ser causado por ligaduras, puntos, pausas ou dinámicas.

(En construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/other-rhythmic-essentials/

Last updated