🔹Designación das oitavas e notación americana

Chelsey Hamm e Bryn Hughes. Trad./adapt.: Manuel Mª Veiga

PUNTOS PRINCIPAIS

  • Para diferenciar as notas do mesmo nome en diferentes oitavas, engadimos un número ao nome da nota. Por exemplo, o dó central é denominado dó₄ na notación internacional ou científica, aínda que noutros sistemas pode aparecer designado como dó₃ ou dó₅.

  • Unha altura é un ton único que ten unha frecuencia concreta (por exemplo dó₄). Unha clase de altura é menos específica (calquera nota dó).

  • As oitavas numéranse de grave a aguda, a comezar no 0 (1, 2, 3, etc.).

  • Un piano estándar abrangue as oitavas da 1 á 7, aínda que tamén emprega porcións da 0 e da 8.

  • Na notación americana, as notas reciben o nome de letras A, B, C, D, E, F, G, comezando na nota la. O sistema de letras era empregado en toda Europa na Idade Media, mais nas linguas latinas caeu en desuso en favor dos nomes actuais (dó, re, mi, etc.)

(En construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/aspn/

Last updated