🔹Compases simples
Chelsey Hamm; Kris Shaffer e Mark Gotham
PUNTOS PRINCIPAIS
O pulso ou tempo é un batemento que acontece de forma regular na música.
Os compases simples son os que dividen o pulso ou tempo en dous, e despois subdividen en catro.
Os compases binarios fan grupos de dous pulsos, os compases ternarios teñen grupos de tres pulsos e os compases cuaternarias fan grupos de catro pulsos.
Os padróns de dirección son diferentes para cada tipo de compás.
A palabra compás tamén se usa para cada un dos grupos de pulsos (binario, ternario ou cuaternario). Estes compases sepáranse por liñas divisorias (tamén chamadas barras de compás).
As indicacións de compás nos compases simples expresan dúas cousas: camtps ùlsos hai en cada compás (número superior) e a unidade de pulso (número inferior), que se refire ao valor da nota correspondente.
Unha barra conecta algunhas notas, agrupándoas por pulsos. As barras son diferentes en cada tipo de compás.
As notas que están por baixo da liña do medio da pauta levan a plica ou hasta cara arriba, mentres que as notas que están por riba da liña do medio da pauta levan a plica cara abaixo. A dirección do corchete é a mesma.
LISTA DE REPRODUCIÓN DO CAPÍTULO
(En construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/simple-meter-and-time-signatures/
Last updated