🔹Notación do ritmo
Chelsey Hamm; Mark Gotham e Bryn Hughes
PUNTOS PRINCIPAIS
As notas teñen diversos compoñentes, como a cabeza da nota, a plica ou hasta, a liña de unión e o corchete ou bandeirola.
Os valores máis habituais das notas son a redonda, a branca, a negra, a corchea e a semicorchea, que tradicionalmente tiñan o nome de semibreve, breve, mínima, semimínima ou semínima, corchea e semicorchea.
Os valores das pausas ou silencios son idénticos aos das notas.
Un punto aumenta a metade da duración a unha nota. Se se engaden máis puntos, estes aumentan a metade da duración do punto anterior.
Unha ligadura de prolongación ou unión conecta dúas ou máis notas da mesma altura. As notas ligadas a unha nota anterior non se articulan.
(En construción) Orixinal: https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/chapter/notating-rhythm/
Last updated