🔹Introdución á sección 9
Esta sección presenta a música dodecafónica e o concepto relacionado de serialismo. Exploraremos os detalles técnicos principais das series, as transformacións, as matrices, e moito máis, pero tamén consideraremos este repertorio como música real, falando da análise e a composición.
Requisitos previos
Para aproveitares esta sección ao máximo, é útil teres certa familiaridade coa teoría dos Conxuntos de clases de alturas. Esta sección (e esoutro capítulo) tamén presupoñen que tes familiaridade cos temas que se tratan nos Fundamentos.
Organización
Este capítulo está organizado deste xeito:
Principios básicos comeza a sección con algunhas definicións e ideas básicas
Convencións para dar nome ás series expón as diferentes convencións que existen para dar nome ás series e ás transformacións (incluíndo matrices). Esta é unha preparación importante para quen queira ler outros textos sobre música dodecafónica.
Propiedades das series dá unha ollada ás series “especiais” que atraen a compositoras e compositores. Pode ser útil consultar a Antoloxía dodecafonica (en inglés) xunto con esta sección.
Exemplos de análise – Webern op. 21 e 24 xa ofrece unha análise máis detallada, considerando dous "clásicos" no referente aos detalles técnicos e ao contexto en que se produciron.
Compor con doce notas convida a "aprender facendo". Como xa temos comentado noutros capítulos, poder ser útil achegarse a un tema desde diferentes puntos de vista: teórico, analítico e práctico. A música dodecafónica non é unha excepción.
Historia e contexto conclúe a sección ampliando horizontes, para observar o contexto amplo desta música e as motivacións que levan a escribila.
Antoloxía
A Antoloxía que forma parte deste libro inclúe unha sección Antoloxía dodecafónica que contén centos de exemplos de series que se utilizan no repertorio, clasificadas en función das súas propiedades e a súa frecuencia de uso. Polo momento, a antoloxía só está dispoñible na versión en inglés.
Last updated