# Limiar

{% hint style="info" %}
**Este é un documento inacabado:** Trátase dunha tradución parcial do libro Open Music Theory v. 2, que podes consultar na seguinte ligazón: <https://viva.pressbooks.pub/openmusictheory/>\
\
Finalizarase durante o curso 2025/2026
{% endhint %}

*Teoría musical aberta* é unha versión traducida do libro *Open Music Theory*, un recurso educativo aberto e nativo da Internet que pretende servir como libro de texto e de exercicios para o currículo da teoría musical xeral do ensino universitario. Xa na súa segunda edición, o libro non fornece só o material para unha secuenciación tradicional de contidos de teoría musical xeral (fundamentos, harmonía diatónica, harmonía cromática, forma e técnicas do século XX), senón que tamén contén unidades para o profesorado que diversifican o currículo, por exemplo jazz, músicas populares, countrapunto e orquestración. A versión traducida completa da parte teórica do libro estará dispoñible **en 2026**. Esta segunda edición tamén introduce un libro de exercicios completo, que polo momento só está dispoñible en inglés.&#x20;

<details>

<summary>Características</summary>

DE BALDE\
Ao ser un recurso aberto, non é preciso un investimento para acceder a el.

APTO PARA DISPOSITIVOS MÓBILES

É un libro nativo online, de modo que é visible en calquera tipo de dispositivo

TEMAS DIVERSOS

O libro non só fornece o material do currículo tradicional das materias teóricas dos conservatorios, senón tamén outras que permiten diversificar o currículo, como o jazz, as músicas populares, o contrapunto ou a orquestración. Isto foi posible grazas á colaboración de expertos en cada unha destas materias.

DESEÑO CURRICULAR FLEXIBLE

Este libro non esixe unha orde determinada, senón que o profesorado é libre de ir intercalando contido sengundo considere conveniente.

INCLUSIVO

Ao contrario dos libros tradicionais, os exemplos musicais foron seleccionados para evitar discriminacións raciais ou de xénero.

MULTIMEDIA

Xa está integrada no propio libro, sen necesidade de acceder a un recurso externo.

INTERACTIVO

Moitos capítulos inclúen contido que permite comprobar os coñecementos.

LIBRO DE EXERCICIOS

Existen exercicios na maioría de capítulos (de momento só na lingua orixinal)

RECURSO PARA O PROFESORADO

O profesorado de centros oficiais pode acceder ao grupo *Open Music Theory* de Humanities Commons

</details>

<details>

<summary>Versión traducida</summary>

Esta tradución foi feita a partir da versión 2 deste libro, da autoría de Mark Gotham, Kyle Gullings, Chelsey Hamm, Bryn Hughes, Brian Jarvis, Megan Lavengood e John Peterson.

A tradución e adaptación foi feita por Manuel Mª Veiga. Nalgúns temas foi necesario incluír un enfoque algo diferente ao do orixinal, para adaptar o libro ás particularidades do ensino nos conservatorios galegos.

</details>
